Utilizamos uvas das nosas viñas. Coñecemos o producto.
Dende a nosa chegada á Ribeira Sacra, foi fundamental para o equipo de As Londras traballar os nosos propios viñedos para poder controlar todo o proceso dende a misma plantación.
Os nosos viñedos, que levamos tres anos coidando e recuperando, foron maltratados con podas agresivas, produtos herbicidas e unha xestión fitosanitaria insostible.
Unha viticultura moi contraria ao que necesitamos no noso proxecto e que vai máis da man dunha visión ecolóxica e responsable tanto para o territorio como para os consumidores dos nosos viños.
Deste xeito, os nosos viñedos cobran forza grazas ao cariño do noso equipo de campo, á nova cuberta vexetal do solo e á mínima intervención á hora de aplicar os produtos na viña.
Por outra banda, cómpre mencionar que os nosos viñedos están situados preto do río Miño sobre terrazas de pedra e organizados con plantacións “en vaso”, como se fixo historicamente nesta zona.
Ademais, quixemos manter a tradición local de mesturar diferentes variedades de uva nas parcelas, unha estratexia tan antiga como a Ribeira Sacra que, ao noso xuízo, fai que as nosas Mencías sexan lixeiras e accesibles como poucas.
Grazas a todos estes puntos, cremos que os nosos viños están máis próximos ás tradicións da zona e aos sabores dos produtores orixinarios das ribeiras do Miño.
Os nosos viños son produtos artesanais que respectan o medio ambiente. A calidade é máis importante que a cantidade. Todas as nosas botellas son edicións limitadas e numeradas.